
Un estilismo creado para *Electrofoliada* que parte da vestimenta tradicional galega para levala a unha linguaxe contemporánea. As formas, tecidos e detalles propios da indumentaria popular reinterprétanse creando un diálogo entre tradición e escena actual.







Un tres pezas elaborado cos mandís da súa avoa e outras mulleres da súa familia. A reciclaxe téxtil como punto de partida para unha peza única onde o pasado e o presente se entrelazan.





